|
Dionisio Pereira
Este libro pretende ser un paseo polo ronsel da "Confederación Regional Galaica" da CNT, que dende 1922 ala 1936 desenvolveu o seu particular concepto de loita de clases, nunha realidade social marcada polo predominio do mundo agrario e mariñeiro. E, precisamente, esa relación conflitiva co entorno social, conformou un talante e unha traxectoria singulares, diferenciados do resto das Confederacións integradas na CNT. Neste contexto, tiveron unha especial importancia as propostas organizativas e programáticas dos anarcosindicalistas galegos para o mundo mariñeiro, o proletariado vilego e os pequenos propietarios agrarios.
O autor pretende ser, así mesmo, belixerante cos sambenitos de "mimético" e "alleo" que moitas veces teñen xustificado o esquecemento do movemento obreiro na historiografía contemporánea de Galiza. E, de paso, recuperar para os nosos manuais de historia, a memoria daqueles homes e mulleres que pagaron un prezo inxusto polo seu devezo dunha vida máis libre e solidaria.
Edicións Laiovento, Colección Ensayo nº36, Santiago de Compostela 1994 240 págs. Rústica 21x14 cm ISBN 978-84-87847-36-3
|